'O Abrigo' reúne unha serie de xilografías estampadas de xeito manual polo alumnado de Belas Artes
Por Redacción
A exposición "Procesos de xilografía" pódese visitar na sala 'O Abrigo' da Facultade de Belas Artes.
Esta mostra, que pode visitarse ata este mércores 25, reúne unha serie de xilografías, estampadas de xeito manual, que oito estudantes realizaron como exercicio para a materia de gravado.
Esta exposición colectiva busca trazar un percorrido visual polo proceso de realización de xilografías, reunindo desde o bocexo inicial e a matriz tallada, atá as probas de estampado, xunto coa obra final.
Candela Sueiro, Sara Ricoy, María Pérez Mera, Sheila De La Fuente, Diosbett Montero, María Martelo, Pablo Martínez Romero e Zöe Pérez son os protagonistas da que é a segunda mostra deste curso no Abrigo.
Tras esta mostra, O Abrigo acollerá nas próximas semanas unha exposición de obras de estudantes de doutoramento de Belas Artes, xunto con outra serie de actividades. De feito, este xoves 26 terá lugar un mercado de Halloween, organizado pola Delegación de Estudantes, e os días 30 e 31 de outubro terá lugar un curso de torno e iniciación á cerámica.
Relacionadas:
-
Unha exposición amosa obras de arte saídas do contedor de lixo
Por Oskar Viéitez |
-
A reapertura do Museo do Ferrocarril de Vilagarcía será o sábado 4 de novembro
Por Redacción |
-
O local dos Campos acolle unha mostra sobre a Ruta dos Viños Oceánicos
Por Oskar Viéitez |
-
Os escolares expoñen os seus carteis para promover a doazón e os transplantes
Por Mónica Patxot & Oskar Viéitez |
-
Abre no Pazo da Cultura a mostra ‘Sempre máis. Arte, ecoloxía e protesta na Galiza do Prestige’
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |