Recepción na Deputación á xove ximnasta Lola Ferro
Por Redacción
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, ofreceu este xoves unha recepción a unha das promesas do deporte local, a ximnasta Lola Ferro.
A xove deportista, nacida en Poio pero que compite co Club Treboada pontevedrés, forma parte do Plan Nacional de Captación de Talentos da Real Federación Española de Ximnasia.
Lola é ademais subcampioa galega de ximnasia rítmica.
López felicitou á ximnasta polos seus resultados animándoa ademais ante a nova etapa que vai afrontar no seu desenvolvemento ao pasar a adestrar no Centro de Alto Rendemento de León.