Recepción municipal ao ximnasta Hugo Vázquez tras proclamarse campión de España
Por Redacción & Mónica Patxot
O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, e a concelleira de Deportes, Anabel Gulías, recibiron este venres no Concello ao ximnasta do Club Pontus Véteris Hugo Vázquez.
O pontevedrés proclamouse en Castelló campión de España na categoría xuvenil masculina converténdose así mesmo no primeiro deportista do club en lograr un título nacional.
Fernández Lores e Gulías felicitárono polo seu logro e obsequiáronlle cun reloxo dixital deportivo.