O Club Pontus Véteris celebra o título nacional do seu ximnasta Hugo Vázquez
Por Redacción
O Campionato de España de Ximnasia Rítmica de Base celebrado do 9 ao 14 de abril en Castelló deixou unha grata noticia para o deporte pontevedrés e en concreto para o Club Pontus Véteris.
Fíxoo ademais cun deportista masculino, Hugo Vázquez, converténdose no primeiro ximnasta da entidade en lograr un título nacional.
Hugo foi campión na categoría xuvenil masculina, superando a Inko Oruesagasti (Belabieta) e Jonathan Antonio Medina (Pas-Atenea Santa Maria de Guia), que levaron a prata e o bronce respectivamente.
Un resultado moi celebrado polo seu equipo nun campionato nacional que contou coa participación total de 1.712 ximnastas procedentes de 438 clubs entre as súas diferentes categorías.