Montse Tomé quéixase do céspede de Pasarón: "O campo non estaba ben, non é unha escusa"
Por Diego Espiño
Dous temas destacaron na rolda de prensa ofrecida pola seleccionadora española, Montse Tomé, tras a derrota do combinado nacional fronte a Italia en Pontevedra. Un foi o malentendido xerado cos cambios no descanso, e que fixeron á Selección comezar o segundo tempo cunha xogadora menos sobre o campo, e outra precisamente o estado do céspede do Estadio Municipal de Pasarón.
"O campo non estaba ben, non é unha escusa, tratamos de dicir que ata iso ímolo a superar pero non o conseguimos", sinalou Tomé ante os medios de comunicación sen querer xustificar o resultado niso.
"Na primeira parte o campo estaba bastante esvaradío", salientou na súa análise como unha das causas de que "non tivemos moita pegada arriba", aínda que "na segunda parte tivemos máis ocasións e o equipo tentouno ata o final".
En canto á outra polémica do encontro, a situación xerada cos cambios ao comezo do segundo tempo, coincidindo co empate de Italia que se produciu con España xogando aínda con 10, a seleccionadora explicou que se debeu a que "Aitana avísanos con pouco tempo que non pode continuar. Non temos tempo para que Esther poida quentar e estar no partido e por iso iniciamos a segunda parte cunha xogadora menos".
A adestradora española afirmou en todo caso que a súa primeira derrota no cargo "é unha aprendizaxe" ante unha Italia que "sabiamos que era un rival forte, que a nivel defensivo ía estar intenso", aínda que queda con que "un dos obxectivos desta concentración era pasar a semifinais e conseguímolo".
Montse Tomé referiuse ademais na súa comparecencia a Tere Abelleira, e é que "hoxe estabamos na súa casa e comenteino na charla, que ía ser un día moi especial para ela".
Relacionadas:
-
Tratamento de urxencia para mellorar o estado do céspede de Pasarón durante o Nadal
Por Diego Espiño |
-
Que lle pasa ao céspede de Pasarón?
Por Diego Espiño |
-
EN IMAXES.- Pasarón vibra coas campioas do Mundo nunha cita para a historia
Por Diego Espiño & Mónica Patxot |
-
Tere Abelleira: "Xa podo dicir que xoguei no estadio da miña cidade"
Por Almu Dapena |
-
A derrota de España fronte a Italia non embaza a festa do fútbol feminino en Pasarón
Por Almu Dapena & Mónica Patxot |
-
Sanxenxo e Cambados gozan coa chegada da Selección Española
Por Diego Espiño & Mónica Patxot |
-
Montse Tomé agradece "a Pontevedra e a toda Galicia o agarimo. É moi especial para as xogadoras"
Por Diego Espiño & Mónica Patxot |
-
Alicia García, con 84 anos e facendo cola desde as oito para ver á Selección: "Este es un tren que sólo pasa una vez y hay que cogerlo"
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
Tere Abelleira e a súa estrea en Pasarón con España: "Creo que será un día inesquecible"
Por Diego Espiño & Mónica Patxot |
-
Poñen á venda 1.200 entradas liberadas para o España-Italia
Por Diego Espiño |
-
O estado do céspede de Pasarón obriga a trasladar a Cambados o adestramento oficial da Selección
Por Diego Espiño | Creada e actualizada