Triunfo solvente do Teucro na cancha do Luceros (29-36)
Por Redacción
Segunda vitoria consecutiva da Sociedad Deportiva Teucro en liga en apenas uns días, para confirmar a súa recuperación e manterse a só dous puntos do liderado da Primeira Nacional.
Se o sábado os azuis cortaban unha serie negativa de tres xornadas sen gañar superando o BM Cañiza, este mércores festivo deron un paso máis á fronte vencendo a domicilio ao Luceros, filial do Balonmán Cangas (29-36).
Os de Irene Vilaboa Parecían ter un punto máis que rival no inicio, aínda que o marcador mantíñase relativamente igualado, con rendas que chegaban aos dous tantos (5-7, min.13).
Con todo os locais querían dar batalla con tres goles consecuticos (8-7), parando o tempo o Teucro. Foi antes do seu primeiro acelerón importante, cuns minutos moi positivos antes do descanso que abriron unha brecha de cinco goles (13-18) para o conxunto teucrista.
Tras o paso polos vestiarios mantívose a tendencia, cun parcial de 2-5 que terminou de confirmar a vantaxe visitante (15-23). Aínda restaban 25 minutos por xogarse, pero daba xa a sensación de estar todo decidido.
O Teucro chegou a contar con nove goles de vantaxe (20-29), e deixouse ir nun final no que controlou o marcador sen ver perigar o triunfo.
O equipo pontevedrés, tras este encontro, non volverá a xogar ata o próximo 16 de decembro, data na que recibirá o Calvo Xiria, actual décimo clasificado, no Pavillón Municipal dos Deportes, no que será o seu último partido de liga do ano.
Relacionadas:
-
O Teucro aférrase á vitoria ante o Ribeiro (26-23)
Por Redacción & Cristina Saiz |
-
Primeira vitoria do ano do Teucro (33-29)
Por Redacción & Cristina Saiz |
-
O Teucro dobrega o Calvo Xiria (40-26)
Por Redacción & Cristina Saiz |
-
Xurxo Rivas comanda unha sanadora vitoria do Teucro contra o BM Cañiza (39-28)
Por Redacción & Cristina Saiz |
-
O Teucro dilapida seis goles de renda na pista do Gáldar e acaba perdendo sobre a bucina (29-28)
Por Redacción |
-
Apagamento na cima e segunda derrota consecutiva do Teucro (33-25)
Por Redacción |