O TM Monte Porreiro supera o Hortitec Alzira e despide o ano en terceira posición (0-4)
Por Redacción
Final de ano feliz para o Tenis de Mesa Monte Porreiro, que superou este venres por un contundente 0-4 ao Hortitec Alzira TT para colocarse nunha cómoda terceira praza da Superdivisión masculina.
Non foi unha tarefa sinxela, e é que o equipo valenciano puxo contra as cordas aos pupilos de Nando Álvarez para que o triunfo non fóra tan pracenteiro como pode reflectir o resultado final.
De feito, foron os pequenos detalles nos momentos decisivos os que permitiron aos pontevedreses sumar o primeiro punto da tarde da man de Miguel Ángel Vílchez, que superou por 1-3 a José Carlos Guillot.
Despois chegou a quenda dun Martín Bentancor que non tivo rival e venceu sen maiores problemas a Gabriel de Oleza (0-3), poñendo o encontro moi de fronte para o TM Monte Porreiro.
André Filipe foi o seguinte en saltar á pista para non ceder ningún xogo ante Carlos Alonso Fernández e asegurar así a vitoria para o seu equipo a falta de disputarse o último enfrontamento entre Bentancor e Guillot, que caeu a favor do pontevedrés por 1-3.
Con este resultado, o Tenis de Mesa Monte Porreiro despide o ano en terceira posición empatado a 13 puntos co Irun Leka Enea e o Arteal Santiago, cuarto e quinto respectivamente, e pechará a primeira volta o 14 de xaneiro precisamente contra o equipo vasco.
Consulta a acta nesta ligazón
Relacionadas:
-
O TM Monte Porreiro morre na beira fronte a Les Borges Vall (2-4)
Por Diego Espiño |
-
Vitoria do TM Monte Porreiro para manterse na terceira praza da Superdivisión masculina (4-2)
Por Redacción & Cristina Saiz |
-
Empate do TM Monte Porreiro fronte ao Irún para arrancar o ano na Superdivisión masculina
Por Diego Espiño & Cristina Saiz |
-
Éxito organizativo e de medallas para o TM Monte Porreiro no Preestatal de tenis de mesa
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |
-
Adeus á aventura europea do TM Monte Porreiro: o Arteal leva o pase á seguinte rolda da Europa Trophy Cup
Por Redacción & Mónica Patxot |
-
O TM Monte Porreiro curta a súa mala serie vencendo o CTT Olot (4-2)
Por Diego Espiño |
-
Segunda derrota consecutiva dun TM Monte Porreiro 'tocado' pola grave lesión de Nico Galvano
Por Diego Espiño |
-
Primeira derrota da tempada para o TM Monte Porreiro
Por Redacción |