A FIFA outorga oficialmente ao pontevedrés Alejandro Muñiz a categoría de árbitro internacional
Por Diego Espiño
Alejandro Muñiz Ruiz xa é, oficialmente, árbitro internacional. Así o comunicou este luns o máximo organismo do fútbol mundial, a FIFA, á Real Federación Española de Fútbol.
O colexiado pontevedrés, que vive a súa terceira campaña como colexiado na Primeira División, alcanza así a elite internacional como árbitro principal tras ser proposto o pasado mes de xuño polo Comité Técnico de Árbitros.
Ademais da súa participación na máxima categoría española, na que acumula xa 46 encontros dirixidos, Muñiz Ruiz participou nos últimos meses en nove encontros de competición europea, entre Europa League e Conference League, pero sempre como cuarto árbitro.
Javier Alberola Rojas e Eugenia Gil Soriano son os outros dous colexiados españois que foron ascendidos á categoría internacional, poñendo a cota nacional en 15 árbitros.
Relacionadas:
-
O pontevedrés Alejandro Muñiz será o cuarto árbitro na final da Copa do Rei
Por Diego Espiño |
-
Alejandro Muñiz, na Supercopa de España: Arbitrará unha das semifinais
Por Redacción |
-
Alejandro Muñiz estréase no Bernabeu
Por Diego Espiño |
-
Alejandro Muñiz estreará a súa terceira tempada na elite arbitrando o Barcelona-Cádiz
Por Diego Espiño |
-
Muñiz Ruiz, proposto como novo árbitro internacional FIFA
Por Redacción |
-
Bello Blanco e Muñiz Ruiz, pasado e presente da arbitraxe pontevedresa en Primeira División
Por Diego Espiño & Mónica Patxot |