O pontevedrés Alejandro Muñiz será o cuarto árbitro na final da Copa do Rei
Por Diego Espiño
A arbitraxe pontevedresa estará representada na final da Copa do Rei, que este próximo sábado 6 de abril (22.00 horas) disputarán Athletic Club e Real Mallorca no estadio sevillano da Cartuxa.
Será a través de Alejandro Muñiz Ruiz, colexiado do CTA de Pontevedra que foi escollido como cuarto árbitro da final.
O encontro será dirixido polo andaluz José Luis Munuera Montero, co apoio no videoarbitraje Eduardo Prieto Iglesias.
| Estos son los colegiados designados para dirigir la final de la #CopaDelRey.
— RFEF (@rfef) April 2, 2024
Árbitro principal | José Luis Munuera Montero
VAR | Eduardo Prieto Iglesias
https://t.co/OnXGqlHHcN #ArbitrajeRFEF | @CTARFEF | #LaCopaMola pic.twitter.com/LfO91tQ2X9
En canto a Muñiz Ruiz, esta campaña está a estrear a súa categoría de árbitro internacional FIFA, e de feito vén de debutar como colexiado principal nun gran encontro de seleccións nacionais absolutas, o disputado o pasado 26 de marzo no Estadio Metropolitano de Madrid entre os equipos de Colombia e Romanía.
Relacionadas:
-
Alejandro Muñiz, na Supercopa de España: Arbitrará unha das semifinais
Por Redacción |
-
Alejandro Muñiz estréase no Bernabeu
Por Diego Espiño |
-
A FIFA outorga oficialmente ao pontevedrés Alejandro Muñiz a categoría de árbitro internacional
Por Diego Espiño |
-
Alejandro Muñiz estreará a súa terceira tempada na elite arbitrando o Barcelona-Cádiz
Por Diego Espiño |
-
Sete representantes da arbitraxe pontevedresa dirixirán partidos de fútbol en categoría estatal o próximo curso
Por Manu Otero |
-
Muñiz Ruiz, proposto como novo árbitro internacional FIFA
Por Redacción |
-
Bello Blanco e Muñiz Ruiz, pasado e presente da arbitraxe pontevedresa en Primeira División
Por Diego Espiño & Mónica Patxot |