Dous partidos de sanción para Manu Fernández pola súa expulsión ante o Arosa
Por Diego Espiño
A Xuíza ÿnica de Competición da Terceira División fixou dous partidos de suspensión para o adestrador do Pontevedra Club de Fútbol, Manu Fernández, despois da súa expulsión o pasado domingo no derbi ante o Arosa.
Segundo apunta a resolución, Fernández foi castigado por "protestar de forma ostensible ou insistente ao árbitro principal, aos asistentes ou ao cuarto árbitro," un extremo que o técnico negou en rolda de prensa á conclusión do choque, alegando que "no le dije nada, absolutamente nada, me quejo con onomatopeyas a David García por soltar el balón al borde de nuestra área cuando no había pitado nada, pensando que había pitado falta, salgo del área técnica un metro y me expulsa, pero iba dirigido a mi jugador, no al árbitro".
En todo caso trátase da sanción habitual para este tipo de casos nas dúas últimas tempadas, a mesma que sufriu o anterior preparador granate, Nando, esta mesma liga tras ser expulsado ante o Bertamiráns.
Por outro lado a Xuíza ÿnica confirmou tamén a suspensión dun partido a David Feito por acumulación de amoestacións, polo que o lateral se perderá o encontro do próximo domingo.