Se compraches a lotería do Pontevedra CF tes premio
Por Redacción
Como cada ano, o deporte pontevedrés ha apostado no Sorteo Extraordinario de Nadal da Lotería Nacional coa venda de participacións para recadar fondos para custear a tempada e, como é o caso do Pontevedra Club de Fútbol, levarche un pequeno belisco do premio.
Neste sentido, o club granate apostou polo 34.486, un número que outorga 20 euros por cada participación de 4 euros.
Dos clubs que compartiron publicamente o número da súa participación este foi o único que foi premiado.
En todo caso, aínda queda a Lotería do Niño do día 6 de xaneiro, pola que apostaron clubs como o Waterpolo Pontevedra cos números 47.781 e 50.034.