A Gladiator Race pon data á súa edición de 2024: os días 1 e 2 de xuño
Por Alejandro Espiño
A Illa das Esculturas acollerá os días 1 e 2 de xuño a próxima edición da Gladiator Race, unha das probas deportivas máis espectaculares das que se celebran en Pontevedra.
Máis de dous mil participantes terán que enfrontarse a diferentes tipos de obstáculos, poñendo a proba a súa forza física e mental da forma máis divertida.
Serán dúas as opcións de distancia, Rocket con máis de 6 quilómetros e máis de 30 obstáculos e os Warrior, de máis de 10 quilómetros e máis de 40 obstáculos.
En ambas modalidades os participantes poderán recibir axuda externa para superar obstáculos agás nos elite, onde se non conseguen superar as diferentes dificultades retiraráselles o chip de cronometraxe, aínda que poderán continuar a proba sen contar para a clasificación.
Ademais da carreira de adultos, o 2 de xuño celebrarase a Gladiator Kids, para que os máis pequenos da casa poidan vivir a experiencia Gladiator Race e gozar dun día de diversión en familia cos seus pais.
As inscricións, que por agora teñen un prezo reducido, pódense facer xa a páxina web da carreira, https://gladiatorraceoficial.es/, ata esgotar as prazas.