Granate desde o berce: o Pontevedra presenta o seu abonado máis novo
Por Redacción
O agarimo ao Pontevedra Club de Fútbol transmítese mesmo desde o berce.
É o que lle sucedeu ao socio máis novo da entidade granate, incrito o pasado 29 de decembro como abonado con só dous días de vida.
Trátase, segundo revelou o Pontevedra, de Martín Fernández Caneda, cuxo primeiro carné conta co número de socio 2.817.
Martín é a terceira xeración de socios granates na súa familia, e é que ademais de irmán é fillo e neto de abonados.
"Toda a familia do PCF felicita a Martín e a súa familia e se enorgullece de poder seguir contando coa fidelidade desas tres xeracións", sinalou o club pontevedrés para dar a benvida ao novo integrante da súa comunidade.
Relacionadas:
-
Dobre baixa por sanción no Pontevedra para o desprazamento a Torrelavega
Por Diego Espiño |
-
Asedio do Pontevedra e empate en Vilalba (1-1)
Por Almu Dapena |
-
O Villabés, un equipo "moi recoñecible" que "prioriza o traballo colectivo"
Por Almu Dapena |
-
A Magdalena, un campo con aroma de clásico no fútbol galego e que se lle resiste ao Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
Xaneiro, sinónimo de fichaxes no Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
Reforzos de inverno no Pontevedra? Charles esconde as súas cartas: "Pode ser que si, pode ser que non"
Por Diego Espiño |
-
Tratamento de urxencia para mellorar o estado do céspede de Pasarón durante o Nadal
Por Diego Espiño |