Martes de balonmán con derbi no III Torneo Internacional Cidade de Pontevedra
Por Diego Espiño
O Pavillón Municipal dos Deportes será escenario este martes 9 de xaneiro do III Torneo Internacional Cidade de Pontevedra de balonmán, no que participarán os clubs da cidade, o Club Cisne e a SD Teucro, xunto ao ABC Braga portugués.
Unha cita de preparación ante o inminente regreso da competición ligueira pero con "o que supón sempre un derbi entre os dous equipos, é un aliciente para que a xente vaia", afirmou na presentación do evento o adestrador cisneísta, Javier Fernández 'Jabato'.
"É un día bonito para gozar e tamén para rodar porque estamos ás portas da competición", sinalou á súa vez a preparadora teucrista, Irene Vilaboa, xunto á concelleira de Deportes, Anabel Gulías, directivos e xogadores de ambos os dous clubs.
O torneo amigable, con entrada de balde para o público, disputarase en formato de triangular con partidos de 40 minutos, empezando polo Cisne-Teucro a partir das 18.15 horas e seguindo co Teucro-ABC Braga (19.30) e o Cisne-ABC Braga (20.30).
Relacionadas:
-
O ABC Braga supera a Cisne e Teucro para facerse co III Torneo Cidade de Pontevedra
Por Redacción & Mónica Patxot |
-
Carlos Ocaña, K.O. para o resto da tempada
Por Diego Espiño |
-
Rubén Etayo recibe a alta e alivia unha aínda ocupada enfermería do Cisne
Por Diego Espiño |
-
Festa do balonmán galego no Municipal co Memorial Manuel Luaces
Por Redacción |
-
O Teucro dobrega o Calvo Xiria (40-26)
Por Redacción & Cristina Saiz |