San Brais abre o ano de carreiras populares co obxectivo de "chegar ás cifras do ano pasado"
Por Almu Dapena
A Carreira Pedestre San Brais chegará o vindeiro domingo 28 de xaneiro á súa XII edición.
A proba foi presentada este venres no Concello de Pontevedra pola edil de Deportes, Anabel Gulías, que recoñeceu que se trata dunha das carreiras "máis agradables de facer polo entorno no que se desenvolve".
Ata o momento, as cifras de persoas inscritas non supera as 200, pero as aspiracións da Asociación de Veciños Salcedo Norte é, polo menos, "chegar ás cifras do ano pasado" cando se alcanzaron os 349 deportistas.
A carreira terá o mesmo percorrido que na anterior edición, polo que se desenvolverá cun trazado mixto que inclúe tres tramos de terra con saída e chegada no Centro Comercial Carrefour.
Será precisamente no aparcadoiro onde se efectuará o pistoletazo de salida coas categorías base, que abrirán fogo desde as 11:15 horas ata chegar ás 12:30 horas, cando sairá a carreira absoluta.
A Carreira Pedestre San Brais, tal e como indicou José Moure, un dos representantes da organización, será un test para los atletas federados de cara las carreras gallegas de la temporada y la primera prueba para saber cómo llevan los entrenamientos", polo que esperan, igual que noutras ocasións, a presenza de deportistas de todas as provincias de Galicia e incluso de Portugal.
Independientemente diso, será "moi sinxela e aberta a todo o mundo", destacando especialmente a "diversión e o ambiente familiar" que se vive todos os anos.
En canto ás inscricións, desde a Asociación avisan de que poderán facerse a través desta ligazón ata este domingo 21 ás 23:59.