Empate en Langreo do Pontevedra e perda de liderado (0-0)
Por Almu Dapena
O Pontevedra Club de Fútbol perde o liderado de Segunda RFEF despois de empatar a cero na casa do Langreo. O equipo lerezano, a pesar de ser superior na maior parte do encontro, foi incapaz de facerse cos tres puntos ante un equipo que non coñece a derrota como local.
Arrincou o encontro cos visitantes decididos a levar o control da posesión, mentres o Langreo optaba por esperar en campo propio e, cando se facía co esférico, buscar en longo os seus xogadores máis ofensivos. Con todo, as ocasións resistíanselle a ambos os dous conxuntos e a maior parte de xogo disputábase na medular.
Foise impoñendo aos poucos o equipo local e, aos 9 minutos de xogo, gozou da primeira chegada perigosa a área pontevedresa. Nano cedeu a Iago Novo ao punto de penalti, pero un defensor granate impediu o remate.
Ao cuarto de hora tivo o Langreo una das ocasións máis claras do partido. Carlos Cid xutou entre os paus e Edu Sousa despexou, o balón caeu nos pés de Luis Sánchez, pero o traveseiro impediu o gol.
Continuou con serios problemas o Pontevedra, incapaz de pisar área rival e achicando en tarefas defensivas as numerosas chegadas do equipo rival.
A seguinte acción clara de ataque correu a cargo dos locais. Nané filtrou o balón a Iago Novo, pero no seu man a man con Edu Sousa mandou o esférico fóra.
Parecía que o Langreo tiña o encontro dominado a pesar de non ver portería, pero a medida que se foi achegando o final do primeiro tempo os xogadores de Iago Iglesias espertaron para achegarse aos poucos a área rival e gozar dunha dobre ocasión de Yelko e Chiqui coa que puideron abrir o marcador, pero Adri Torre impediuno con dúas boas paradas.
Non variou o guion ao comezo do segundo tempo. O Pontevedra tomou o control, e tras uns primeiros minutos nos que non atopou espazos entre o bloque rival, por fin chegaron as ocasións.
Primeiro avisou Dalisson cun disparo afastado que marchou alto e despois Rufo tívoo todo para marcar, pero Gonzalo estivo providencial no corte.
Os granates seguiron asediando a portería rival, especialmente por medio do xogador hispano-brasileiro, que tivo nas súas botas o 0-1 pero o colexiado decretou un fóra de xogo que foi protestado polos granates.
O vendaval non cesou. Chiqui cambiou á banda dereita tras a entrada de Borja Domínguez no verde e as ocasións foron chegando unha tras outra. Parecía que o gol ía chegar moi pronto, pero ao Pontevedra, a pesar de estar completamente envorcado sobre a portería do Langreo, escapóuselle a oportunidade de manter o liderado e tívose que conformar cun empate que sabe a pouco.
UP LANGREO (0): Adrián Torre, Dani Hernández (Rabanillo, min. 81), Gonzalo, Carlos Cid (Imad, min. 81), Joselu Guerra (Steven Prieto, min. 71), Luis Sánchez, Iago Novo, David Fernández, Nané (Pablo Álvarez, min. 71), Kiko Hevia e Sergio Ordóñez.
PONTEVEDRA CF (0): Edu Sousa, Bastos (Borja Domínguez, min. 70), Churre, Mario Gómez, Rufo (Charly, min. 86), Yelko, Chiqui, Samu Mayo, Garay, Dalisson e Zabaleta.
Árbitro: Gorka Mazo, auxiliado nas bandas por César Iglesias e Mateo Ortega (Castela e León). Amoestou a Iago Novo (29') e a Luis Sánchez (75') no Langreo e a Mario Gómez (68'), Samu Mayo (81') no Pontevedra.
Incidencias: Partido da xornada 20 de liga en Segunda RFEF disputado no Estadio Novo Ganzábal.
Relacionadas:
-
Garay confía na vitoria granate ante o CD Cayón: "Na casa sentímonos moi cómodos e moi arroupados pola nosa xente"
Por Anxo Lourido |
-
Cambios obrigados en defensa para recibir o Cayón
Por Diego Espiño |
-
Yago Iglesias: "Unha parte foi para cada equipo"
Por Redacción |
-
Yago Iglesias e o 'ascenso' de Guèye: "De aquí a final de tempada seguro que ten participación no primeiro equipo"
Por Diego Espiño |
-
O Badajoz pronúnciase sobre o suposto intento de compra ao Pontevedra: "Reprobamos as acusacións á nosa institución"
Por Diego Espiño |
-
Toño Calvo: "Mirar a clasificación é un erro, pode que sexa o noso maior rival"
Por Diego Espiño |
-
Libasse Guèye entra en dinámica do primeiro equipo
Por Diego Espiño |
-
O ascenso directo, unha pelexa de tres
Por Diego Espiño |
-
A sorte sorrí o Pontevedra para recuperar o liderado (3-1)
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |