Cruz para a tripla representación pontevedresa no Mundial de Ciclocrós
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
Cruz para a tripla representación pontevedresa no Campionato do Mundo de Ciclocrós que se disputa durante esta fin de semana na localidade de Tábor, na República Checa.
O frío e o barro abundante foron os protagonistas do día, cun circuíto máis brando e esvaradío do habitual que condicionou todas as carreiras.
O inicio da xornada foi para a carreira júnior feminina, que contou coa presenza das pontevedresas Lorena Patiño (XSM Marín) e Aroa Otero (Supermercados Froiz).
A campioa de España tivo dificultades na saída e no primeiro xiro, pero aos poucos foi remontando ata colocarse dentro das trinta mellores e cruzar a liña de meta no posto 24. Aroa Otero, pola súa banda, chegou de 41.
Unha hora despois de comezar a carreira júnior foi a quenda da sub23 masculina, con Miguel Rodríguez (Supermercados Froiz) como un dos españois mellor colocados durante o inicio.
Aos poucos, o corredor pontevedrés foi mellorando posicións ata pelexar no último xiro por entrar entre os vinte mellores, pero finalmente tívose que conformar co posto 21.
O Campionato do Mundo botará o peche este domingo coas probas júnior e elite masculinas.
Relacionadas:
-
Un Mundial de Ciclocrós con acento pontevedrés
Por Redacción |
-
O Campionato de Europa de Ciclocrós de Pontevedra promociónase en Benidorm
Por Redacción |
-
Botín de medallas para o ciclocrós pontevedrés no Campionato de España
Por Redacción |
-
Lorena Patiño e Miguel Rodríguez lócense no Campionato de Galicia de Ciclocrós
Por Redacción |
-
Traballo sen pausa cara ao Europeo de Ciclocrós na cidade 'where the bikes bótanse ó lombo'
Por Redacción |
-
Lorena Patiño amarra o título da Copa de España de Ciclocrós e Irene Trabazo pérdeo na última carreira
Por Redacción |