A paixón polo automobilismo chega ao Colexio A Florida
Por Redacción
60 alumnos e alumnas do Colexio Público A Florida gozaron este xoves dunha charla moi especial da man de dous participantes habituais nos campionatos autonómicos de automobilismo.
O programa 'FGA nas Aulas' cumpriu coa súa cuarta etapa no centro da localidade de Sanxenxo, onde Jesús Pombo e José Antonio Otero, pilotos da Escudería Congostra Team Sanxenxo, contaron numerosas anécdotas que causaron gran interese entre o alumnado.
Despois da ronda de preguntas, os nenos e nenas observaron de preto o Fórmula Renault de Jesús Pombo e o Skoda Fabia R5 de José Antonio Otero.
Ademáis, os alumnos recibiron as indicacións para participar no concurso de debuxo que fará que un deles sexa o deseñador do Renault Clio Rally5 de Álvaro Castro Laíño e Isidro Rey nunha proba do Campionato Galego de Rallyes.
Relacionadas:
-
O Rallye de Pontevedra, o segundo mellor valorado do calendario pola Federación Galega
Por Diego Espiño |
-
Alfonso Ventín, gran dominador da sexta edición do RallyMix Cuntis Vila Termal
Por Redacción & Cristina Saiz |
-
Víctor Senra revalida triunfo no Rally de Pontevedra
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |