O Arosa cede un empate contra o Estradense
Por Redacción
O Arosa visitou este domingo o campo do Estradense coa idea clara de defender a terceira praza. Adiantouse no minuto 54 cun gol de Marcos Mella, pero no único erro defensivo, o equipo local castigouno co tanto do empate.
O dominio foi completo para o equipo de Luisito, que fixo méritos suficientes para facerse cos tres puntos e apenas sufriu en defensa. De feito, o Arosa fallou unha detrás doutra en área rival e sacou as castañas do lume como boamente puido. A máis clara foi a de Santi Figueroa, pero un defensor despexouna de debaixo dos paus cando xa se cantaba gol.
Xa no segundo tempo, o técnico arlequinado viuse obrigado a cambiar o sistema para evitar a expulsión de Pacheco e Cotilla, que se cargaron cunha amarela cada un e non querían deixar ao seu equipo cun xogador menos.
Anotou Marcos Mella no 54, pero a modificación no verde aproveitouna o Estradense para devolver o empate. Falta, balón ás costas e erro da zaga visitante que Juanin transformou no 1-1 no minuto 73.
O Arosa tentou conseguir os tres puntos, pero tívose que conformar cun empate que lle mantén na terceira praza da clasificación.
Consulta a acta nesta ligazón
Relacionadas:
-
O Arosa recupera o terceiro posto co seu triunfo en Betanzos (1-2)
Por Redacción |
-
Diego Rey sentencia o Arosa no minuto 88 (0-1)
Por Redacción |
-
Iñaki Martínez dá os tres puntos ao Arosa
Por Redacción |
-
O Arosa perdoa e cede un empate ante a Polvorín na Lomba
Por Redacción |
-
Triunfo do Arosa ante o Barbadás para escalar á terceira praza (0-2)
Por Redacción |
-
Debut con gol de Santi Gegunde para dar os tres puntos ao Arosa (1-0)
Por Redacción |