O waterpolo regresa a Rías do Sur
Por Diego Espiño
Despois dunha tempada e media xogando os seus partidos de Primeira División Nacional en Marín, o equipo feminino do Club Waterpolo Pontevedra poderá disputar, por fin, o seu primeiro encontro na piscina olímpica de Ponte Muíños.
Era un dos obxectivos marcados polo novo presidente da entidade, Alberto López Penide, e cunha nova dirección tamén na Fundación Rías do Sur achegáronse posturas para terminar cunha situación difícil de entender, a de ter que xogar partidos de categoría nacional na Escola Naval Militar de Marín.
O primeiro encontro en Rías do Sur será ademais un duelo de nivel para o Waterpolo Pontevedra na fase pola permanencia, ao recibir este sábado 9 de marzo (17.00 horas) o CNC Alcorcón, equipo que ocupa o primeiro posto do grupo con 18 puntos, 7 máis que as pontevedresas-
A entrada para o público será de balde.
Non será ademais o único enncuentro de waterpolo da xornada, xa que a piscina olímpica completará a programación do sábado cunha exhibición de categoría alevín e cun partido ás 19.30 horas da Liga Galega Absoluta Masculina de División de Honra entre o CW Pontevedra e o Pabellón Ourense.
Relacionadas:
-
Derrota do Waterpolo Pontevedra no último suspiro (14-15)
Por Redacción & Cristina Saiz |
-
Vitoria clave para o Waterpolo Pontevedra na súa loita pola permanencia (11-14)
Por Redacción |
-
Alberto López Penide asume a presidencia do Waterpolo Pontevedra: "Gustaríanos subir o equipo masculino"
Por Diego Espiño |