Ouro e clasificación para o Europeo de taekwondo para Sergio Troitiño e Sara Cortegoso, bronce en Bélgica
Por Redacción
Sergio Troitiño segue dando pasos de xigante e suma un novo ouro no seu palmarés que lle outorga a clasificación matemática para o Europeo de Taekwondo. Sara Cortegoso, pola súa banda, logrou a medalla de bronce tras caer ante a italiana.
O taekwondista do Mat's de Marín, despois do primeiro posto logrado no Open de Bulgaria, acudiu a Bélxica como cabeza de serie número tres, pero tivo que superar a catro complicados adversarios para subir, unha vez máis, ao primeiro chanzo do podio.
No primeiro combate superou ao francés Nahil Mehnana, ao que gañou con solvencia en dous asaltos (8/0 e 10/2), e no segundo venceu ao serbio Milos Golubovic en tres asaltos (4/0, 3/9 e 6/13).
Xa no terceiro, que foi a semifinal, o xogador marinense tivo serios problemas para derrotar ao polaco Adrian Wojtkwiat, cabeza de serie número dous. Finalmente Troitiño gañou en tres asaltos ( 7/7, 7/5 e 3/1) e obtivo o pase á gran final.
Alí mediuse ao cabeza de serie do campionato e número uno mundial, o croata Ivan Sapina, ao que bateu en dous duros e tensos asaltos que se decidiron por 10/9 e 6/4.
No caso de Sara Cortegoso, a deportista do Mace Sport logrou a medalla de bronce.
A pontevedresa gañou en primeira rolda á grega, en segunda á finlandesa, pero en semifinais perdeu contra a representante de Italia. Neste último combate, Sara foi gañando por puntos pero finalmente caeu por eliminación de canchons.
Relacionadas:
-
Sergio Troitiño pon rumbo ao Europeo coa súa prata na President's Cup, con Arlet Ortiz bronce
Por Diego Espiño |
-
Iván García, distinguido coa 'insignia olímpica' na Gala de Premios Nacionais de Taekwondo
Por Diego Espiño |
-
Xornada de recepcións municipais a deportistas da Boa Vila
Por Redacción |
-
Ekaterina Rebón baña en prata o Número Phi no Open de Bélxica de taekwondo
Por Redacción |
-
Instalados seis novos paneis de libre expresión no casco urbano e no rural de Marín
Por Oskar Viéitez |
-
Os negocios que pasan de pais a fillos, protagonistas en Marín este 19 de marzo
Por Oskar Viéitez |
-
Sergio Troitiño e Iván García, ouro e bronce no Open de Bulgaria
Por Almu Dapena |
-
Baño de metais para o taekwondo pontevedrés no Campionato de España de Combate
Por Redacción |
-
Boa actuación de Sergio Troitiño e Silvia Otero no Europeo sub 21 de Bucarest
Por Redacción |
-
Iván García e Sergio Troitiño levan o ouro no Open de Suecia de taekwondo
Por Redacción |