Yago Iglesias ve positivo o empate conseguido en Cantabria: "Moi poucos rivais sacaron os tres puntos deste campo"
Por Redacción
"Sabiamos que era un desprazamento complicadísimo para nós". Yago Iglesias, o adestrador do Pontevedra Club de Fútbol, tiña claro desde o principio que a visita ao Rayo Cantabria non ía ser nada fácil e quedou patente no terreo de xogo.
"Moi poucos rivais sacaron os tres puntos deste campo", valorou o adestrador. "Sábenos mal, sobre todo cando -fan o empate- na última xogada. Pero hai que ser realistas, o Rayo tivo varias para empatar e hai que dar o punto como algo positivo", recoñeceu.
En canto ao partido, Iglesias dixo que os seus xogadores tiveron "moita posesión" aínda que "quizá a circulación foi lenta na primeira parte". O rival, ademais, "é dun altísimo nivel, ten xogadores moi físicos e obríganos a meternos atrás".
Cos cambios pasou a xogar "moito máis directo", por iso "temos que valorar o punto como bo. Dóenos porque quixésemos irnos con tres puntos, pero hai que ser xustos".
"Non hai que menosprezar a ninguén, aínda nos quedan sete xornada por diante e a realidade é que este rival púxonos as cousas complicadas. Sabemos que o filiais son capaces do mellor e o peor, pero os resultados das últimas semanas están a ser inxustos para eles", admitiu o ténico.