Jéssica Bouzas, sen opcións na previa do WTA 1000 de Miami
Por Redacción
Ata Estados Unidos viaxou Jéssica Bouzas co obxectivo de poder disputar o cadro final dun dos grandes torneos do calendario, o WTA 1000 de Miami.
Con todo a tenista arousá non logrou avanzar na fase previa, ao verse superada na súa estrea pola local Emina Bektas, número 103 do ranking mundial.
Todo foi ao contraxeito para Bouzas desde o inicio, ao ceder o seu dous primeiros servizos e verse 4-0 no marcador ao primeiro de vez. Unha desvantaxe importante que non puido contrarrestar a pesar de reaccionar con tres xogos consecutivos (4-3) xa que Bektas pechou a primeira manga cun 6-3.
A historia repetiuse no segundo parcial, con break inicial da estadounidense sen dar opción a Jéssica Bouzas cun contundente 6-1.
Tras Miami aparece agora no horizonte xa a xira de terra batida, que concluirá co reto de pelexar por un posto na fase final de Roland Garros, segundo Grand Slam da tempada.
Relacionadas:
-
Os Xogos Olímpicos de París, un soño difícil pero aínda posible para Jéssica Bouzas
Por Diego Espiño |
-
O seu triunfo en Turquía impulsa a Jéssica Bouzas ao posto 104 do ranking mundial
Por Diego Espiño |
-
Jéssica Bouzas gaña en Antalya e o tenis galego celebra un torneo WTA unha década despois
Por Diego Espiño |
-
Jéssica Bouzas rompe outra barreira e clasifícase para a súa primeira final dun torneo WTA
Por Diego Espiño |
-
O gran inicio de ano de Jéssica Bouzas elévaa ao posto 124 do ranking WTA
Por Diego Espiño |
-
Jessica Bouzas coróase en México
Por Almu Dapena |
-
Jéssica Bouzas levanta en Porto o seu décimo título en torneos ITF
Por Redacción |
-
Jéssica Bouzas cae na previa do Open de Australia fronte á india Ankita Raina
Por Diego Espiño |