Yuria Suto, de Xapón a adestrarse co Poio Pescamar
Por Redacción
O Poio Pescamar conta desde esta semana cunha nova xogadora nos seus adestramentos.
Trátase da gardameta internacional xaponesa Yuria Suto, que adestrará durante uns días coa entidade conserveira grazas ao convenio pechado entre o Poio e a federación de fútbol do país nipón.
Non se trata dunha futbolista menor, e é que Suto é parte da selección de Xapón que vén de vencer a España no torneo internacional celebrado en Portugal, e no que tamén participaron as vermellas Laura Uña e Ale de Paz.
"Agardamos que pase a mellor estancia posible en Poio e poidamos aprender mutuamente", sinalou o Poio Pescamar.
Yuria Suto (@papi0131), porteira internacional xaponesa, adestrará connosco durante uns días, no marco dun convenio acadado coa federación de fútbol do seu país
— Poio Pescamar FS (@PoioPescamarfs) March 21, 2024
Agardamos que pase a mellor estancia posible en Poio e poidamos aprender mutuamente #PoioPescamar @JFA pic.twitter.com/QBrGysXeLc
Na Seca Yuria Suto reecontrouse co seu compatriota Saki, futbolista que leva toda a tempada defendendo as cores do equipo conserveiro.
A gardameta é xa unha máis dentro dun plantel que prepara o regreso á competición este sábado 23 de marzo na Primeira División, tras o parón internacional, coa visita do Roldán.
Relacionadas:
-
'Manita' do Poio Pescamar ao Roldán para manterse en postos de play-off
Por Redacción |
-
Juanjo García deixa a presidencia do Poio Pescamar
Por Redacción |
-
A pontevedresa Silvia Aguete convértese na porteira con máis partidos na Selección Española
Por Diego Espiño |
-
Fixadas en 5 euros as entradas para a final da Copa Galicia entre Poio Pescamar e Marín Futsal
Por Redacción |
-
Dous goles no segundo tempo para asaltar os postos de play-off
Por Almu Dapena |
-
Triunfo de ouro do Poio Pescamar para soñar co play-off (0-3)
Por Almu Dapena |