Triunfo balsámico do Cisne en Alcobendas (28-31)
Por Almu Dapena
O Club Cisne Balonmano logrou este sábado o seu segundo triunfo consecutivo despois de superar ao Alcobendas no Pabellón de los Sueños. O conxunto pontevedrés foi dono do encontro durante máis de 40 minutos e mesmo chegou a colocarse cunha vantaxe de cinco goles.
Arrincou o partido cun parcial de 0-2 a favor dos brancos, pero nun visto e non visto e tras un roubo no saque de centro do Cisne, o Alcobendas devolveu unha igualdade que se mantivo ata alcanzado o minuto 10 de xogo.
Foi entón cando o cadro local tomou a iniciativa no marcador (9-7) aproveitando unha serie de imprecisións en tarefas ofensivas dos pontevedreses.
Con todo, a vantaxe duroulles moi pouco. Abián Rodríguez entoouse baixo paus e André de Moura e Furtado empataron, De Corral foise dous minuntos ao banco e Alberto Delgado aproveitou a superioridade para voltear de novo o marcador (9-10). O Cisne continuou levando o control e mesmo aproveitou a exclusión de Sergio Lozano aos 20 minutos para ampliar a súa renda en tres goles e mantela ata o descanso (14-17).
Tras o paso polos vestiarios, o equipo adestrado por Jabato continuou co seu bo facer e entre Rubén Etayo, De Moura e Delgado encargáronse de augar a festa ao Alcobendas e colocaron máxima diferenza do encontro (15-20).
Ante esta situación, o seu técnico Javier Suárez viuse obrigado a parar o tempo, pero os seus xogadores foron incapaces de reducir a desvantaxe ata que se alcanzou o ecuador da segunda metade (22-25).
Foi entón cando o adestrador cisneísta fixo o propio para espabilar aos seus e conseguir certa tranquilidade, pero en lugar diso foi o Alcobendas o que apertou os dentes e achegouse un pouco máis (25-27).
Restaban 10 minutos para o final e o Cisne cargouse cunha dobre exclusión en menos de catro minutos coa que o conxunto madrileño puido empatar. Con todo, o equipo lerezano axustou as súas pezas e aguantou en inferioridade para evitar un posible rexurdir do seu opoñente nos instantes máis críticos, logrando finalmente asegurar dous importantísimos puntos que lle permiten pensar en poder gozar o play-off de ascenso (28-31).
Consulta as estatísticas nesta ligazón
Relacionadas:
-
Solvente triunfo do Cisne para aumentar a confianza (27-31)
Por Almu Dapena |
-
Importante vitoria do Cisne ante o Ibiza para asaltar os postos de play-off (29-24)
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |
-
Investigadores da UVigo avalían a evolución física do primeiro equipo do Cisne
Por Redacción |
-
O Cisne retirará a camiseta de Pablo Picallo
Por Diego Espiño |
-
Cisne e Teucro, a exame ante Alcobendas e Reconquista de Vigo
Por Redacción |
-
Reparador triunfo do Cisne en Oviedo para reengancharse á pelexa polo play-off (30-33)
Por Diego Espiño |
-
O Villa de Aranda complica as aspiracións do Cisne (25-27)
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |