Granatismo e ilusión coa afección
A un día de que se celebre o quizá máis importante encontro da tempada para Pontevedra e Ourense CF, os xogadores do conxunto granate mostraron o seu lado máis próximo cos centos de afeccionados que se achegaron á as terrazas do Hotel Virxe do Camiño e do Restaurante Borona.
Alí, Álex González, Dalisson de Almeida, Rufo e Churre estiveron a asinar autógrafos, regalando bandeiras, tarxetas co himno do club e sobre todo sorrisos todo o máis pequenos.
As actividades previas ao choque continuarán desde as 11:30 horas do domingo na chaira de Tribuna, onde haberá unha carpa instalada con DJ en directo, venda de churrasco, polbo e bebidas.
Ademais, desde as canles do Pontevedra pediron aos seus afeccionados acudir ao partido vestidos de granate e portando unha bufanda ou bandeira, así como acompañar ao canto do himno no minuto 41 de xogo.
Os xogadores do Pontevedra asinan autógrafos aos afeccionados
As actividades previas ao decisivo choque entre Pontevedra e Ourense comezaron este sábado coa firma de autógrafos dos xogadores granates nas terrazas do Restaurante Boroa e do Hotel Virxe do Camiño. Tamén repartiron bandeiras e tarxetas co himno do club
© Cristina Saiz
Relacionadas:
-
Excesivo castigo e paso atrás do Pontevedra de cara ao ascenso directo (0-2)
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |
-
Festa granate para quentar motores para o Pontevedra CF - Ourense CF
Por Cristina Saiz |
-
Yago Iglesias: "A ilusión, o traballo e a humildade nos trouxeron ata aquí"
Por Almu Dapena |
-
O Ourense CF estará arroupado por preto de 300 afeccionados en Pasarón
Por Diego Espiño |
-
Música, comida e bebida para unha 'festa granate' previa ao Pontevedra-Ourense
Por Diego Espiño |