O Teucro gaña o Calvo Xiria, pero queda fóra dos play-off (25-26)
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
Non puido ser. A Sociedad Deportiva Teucro quedou fóra da fase de ascenso a División de Honra Prata a pesar de gañar pola mínima ao Calvo Xiria.
O conxunto pontevedrés dependía dunha derrota do OAR Coruña para ocupar a segunda posición (última que permite loitar por subir de categoría), pero o conxunto herculino non perdoou en casa do Carballal e será o que dispute os play-off.
En canto ao partido entre Calvo Xiria e Teucro, comezou con igualdade e tenteo por parte dos equipos o que se traducía nun empate a 6 aos 12 minutos de xogo.
Foi entón cando se produciu un punto de inflexión e foron os de Lérez os que pasaron a dominar para colocarse cun importante colchón de cinco tantos que o conxunto local reduciu en tres ao descanso (12-15).
Tras o paso polos vestiarios, o Teucro continuou ao seu e entre Rhuan e Xurxo Rivas encargáronse de desbaratar as opcións do rival, que por moito que tentaba achegarse non era capaz de traspasar a defensa teucrista (14-20).
Mantiveron os de Irene Vilaboa a vantaxe, pero nun visto e non visto o conxunto local rexurdiu das súas cinzas, obrigando á adestradora pontevedresa a parar o cronómetro a falta de sete minutos para a conclusión (23-25).
Con todo, a pesar dos intentos do Teucro de manter a superioridade no marcador, comezou a estrelarse coa zaga do Calvo Xiria e estivo máis de sete minutos sen anotar. O seu opoñente, en cambio, volveu recortar distancias, pero quedou sen tempo, e tivo que conformarse cun 25-26.
Consulta as estatísticas nesta ligazón
Relacionadas:
-
Sergio Wagner, primeira fichaxe dun Teucro que renova a Eloy Krook e Miguel Monteagudo
Por Redacción |
-
Primeiros movementos no Teucro para planificar a súa terceira tempada en Primeira Nacional
Por Redacción |
-
Remontada do Teucro ante o Gáldar para alongar o soño de play-off (29-28)
Por Redacción & Cristina Saiz |
-
Gran triunfo con remontada do Teucro fronte ao Luceros (34-31)
Por Redacción & Cristina Saiz |
-
Triunfo na Cañiza dun Teucro que quere o segundo posto (30-35)
Por Redacción |