Triunfo en Irún do TM Monte Porreiro para pechar a tempada
Por Diego Espiño
Punto e final á tempada do Tenis de Mesa Monte Porreiro na Superdivisión masculina, cun cuarto posto final que sabe a gloria polas dificultades superadas este curso unido á dureza da competición.
Este último punto demóstrao o descenso final dun dos equipos máis fortes dos últimos anos, Les Borges Vall.
No que respecta a a última xornada de liga, o equipo pontevedrés despediuse con gran sabor de boca grazas ao triunfo conseguido en casa do Irún Leka Enea (1-4).
A vitoria cimentouse nas vitorias iniciais de Miguel Ángel Vílchez e Martín Betancor sobre Jon Guerricabeitia e Daniel Palacios respectivamente, ás que deu continuidade Lucho Alto en cinco mangas fronte ao búlgaro Petyo Ivelinov Krastev. O Irún recortou distancias pero Vílchez conseguiu rematar co cuarto e definitivo punto.
Foi en palabras do entrandor do equipo, Nando Álvarez, a liga "máis complicada dos últimos anos", polo que "non podemos pedir máis".
O técnico agradeceu aos seus xogadores "o seu compromiso, esforzo, xerarquía e sobre todo, polo seu sentido de pertenza" para poder completar unha positiva tempada na elite do tenis de mesa nacional.
Relacionadas:
-
Aposta pola continuidade no TM Monte Porreiro para a tempada 24-25
Por Diego Espiño |
-
Mariña García lidera o Tenis de Mesa Monte Porreiro nos campionatos galegos Alevín e Sub23
Por Redacción |
-
Derrota do Tenis de Mesa Monte Porreiro no seu último enfrontamento na casa da tempada
Por Redacción |
-
O TM Monte Porreiro reencóntrase coa vitoria ante o CTT Olot e asegura a cuarta praza (1-4)
Por Redacción |
-
A 'tripla coroa' do TM Monte Porreiro e Judith Cobas en Narón
Por Redacción |