Última esperanza olímpica para Lydia Pérez
Por Diego Espiño
Todo ou nada para Lydia Pérez Touriño no seu soño de converterse en olímpica en París 2024.
A deportista pontevedresa viaxa a Istambul para participar no Preolímpico Mundial de loita, última cita clasificatoria para os Xogos.
Tras quedar lejor do obxectivo nun duro clasificatorio continental, nesta ocasión cada peso en competición reparte ata tres billetes olímpicos, para os finalistas de cada categoría e para o mellor bronce, cun enfrontamento final para determinalo.
No que respecta a Lydia Pérez, preparou a conciencia a cita, cunha concentración internacional en Alemaña incluída as últimas semanas.
Participará na categoría de 62 quilos, que ten previsto iniciar a súa competición este mesmo venres día 10 de maio. De non chegar á final, o torneo polo bronce terá lugar un día despois.
Relacionadas:
-
Adeus ao soño de Lydia Pérez de estar nas olimpíadas de París
Por Redacción |
-
Lydia Pérez cae en primeira rolda do preolímpico de Bakú
Por Redacción |
-
Lydia Pérez, única española no Torneo Internacional Dan Kolov en Bulgaria
Por Redacción |
-
Lydia Pérez cae nos oitavos de final do Campionato de Europa en Bucarest
Por Diego Espiño |
-
Lydia Pérez cárgase de moral para o Europeo cunha prata no Flatz Open de Austria
Por Redacción |
-
Recepción na alcaldía a Lydia Pérez Touriño, campioa absoluta de España de loita
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |