Goleada do Somozas a un Pontevedra B que se despide de Terceira (4-0)
Por Redacción
O Pontevedra B despediuse este domingo da Terceira División recibindo unha dolorosa goleada por parte do Somozas.
O conxunto local noqueou ao filial granate en tan só tres minutos por medio de Julián Nieto, que abriu a lata no minuto 16 de xogo e ampliou a vantaxe no 19.
Os de Jesús Ramos trataron de remar, pero foilles imposible. David Mosquera subiu o 3-0 pasada a media hora de xogo, e xa no segundo tempo, Dani Sánchez redondeou a goleada anotando o 4-0 co que concluíu o enfrontamento.
O XUVENIL A, EN POSTOS DE ASCENSO DIRECTO A DIVISIÓN DE HONRA
Aarón Portela e Jairo López, cun gol cada un, deron a vitoria este domingo ao xuvenil A de o Pontevedra CF diante do Ural para meterse en postos de ascenso directo a División de Honra Xuvenil.
O cadro pontevedrés aproveitou o empate do Racing de Ferrol en casa do Alondras para ascender á cuarta praza e superalo nun punto a falta dunha xornada por disputarse.
Os granates xogaranllo todo o vindeiro domingo 19 de maio ás 12:00 fronte a UD Ourense.