'BTTroita', nova ruta popular para afeccionados á bicicleta de montaña
Por Diego Espiño
Ponte Caldelas apúntase á febre polo BTT e contará, dende este ano, coa ruta 'BTTroita', unha proba non competitiva destinada aos afeccionados á bicicleta de montaña.
Global DXT e Concello de Ponte Caldelas organizan por primeira vez esta ruta coa colaboración da agrupación ciclista A Roda do Demo como anticipo da Festa da Troita.
Para a BTTroita elixiuse o domingo 18 de maio como data, cun percorrido de dificultade media (dúas opcións de 38 e 33 quilómetros) que partirá ás 9:30 horas dende a Alameda para percorrer principalmente camiños e sendeiros da zona.
A organización poñerá a disposición dos deportistas servizos como dous avituallamentos, lavado de bicicletas, zona de aparcadoiro, duchas, un seguro de responsabilidade civil ou asistencia sanitaria.
A inscrición, que xa está aberta a través da web www.globaldxt.com, está limitada a 600 participantes e terá un custo de 8 euros, dos cales un irá destinado a unha campaña de loita contra a Esclerose Lateral Amiotrófica (E.L.A).
O último día habilitado para anotarse é o próximo 12 de maio.
Relacionadas:
-
Ponte Caldelas goza coa primeira edición da BTTroita
Por Redacción |
-
A ruta do I BTTroita quedará sinalizada de xeito permanente
Por Diego Espiño |
-
Nace a I Ruta BTT Cidade de Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
Ponte Caldelas súmase á 'moda' do BTT: será unha das sedes da Rías Baixas Bike Race 2014
Por Redacción |