Preocupación no Pontevedra polo atraso nas obras de Príncipe Felipe
Por Diego Espiño
Os problemas para adestrar que acusa actualmente o primeiro equipo do Pontevedra Club de Fútbol manteranse, polo menos, ata chegar a un hipotético play-off de ascenso, alá polo mes de maio.
Isto sucede porque a climatoloxía atrasou considerablemente as obras do campo de fútbol de Príncipe Felipe, ao que se está a dotar de céspede artificial.
A pesar de que o prazo para concluír os traballos se aproxima oficialmente ao verán, o presidente do club granate e director ademais da Cidade Infantil de Príncipe Felipe, José Manuel Fernández, confiaba "en que a finales de marzo pudiese estar disponible".
A situación preocupa e moito no Pontevedra, pois o equipo adestrado por Manu Fernández está a ver condicionada a súa preparación en moitas ocasións.
Sen ir máis lonxe, esta semana o técnico deu descanso ao equipo o mércores ao tratarse dun día festivo e polo tanto estar pechadas as instalacións da Xunqueira.
Actualmente os granates adestran nun dos dous campos da Xunqueira, pero encóntranse con problemas de horarios (as sesións só poden ser de hora e media) e mesmo deben compartir campo con outro equipo na sesión do venres.
Os venres o primeiro equipo conta na Xunqueira con só medio campo á súa disposición
"Es un hándicap importante", mantén José Manuel Fernández ante unha situación que limita a preparación "y nos machaca, porque no podemos entrenar en Pasarón por la lluvia y además un equipo de estas características requiere de cierta privacidad".
O dirixente granate asegura non querer "ponerlo como excusa" se a final de ano non se logra o obxectivo, aínda que recoñece a envexa sa de "ver por ahí adelante estadios con un campo para entrenarse al lado, como el otro día en As Pontes, sin ir más lejos".
Con todo Fernández entende que unha vez se supere o período de obras en Príncipe Felipe e o Pontevedra poida volver establecer alí o seu cuartel xeral "va a ser un punto de inflexión".
Relacionadas:
-
O campo de fútbol da Cidade Infantil Príncipe Felipe chamarase 'Felipe VI'
Por Diego Espiño |
-
Príncipe Felipe, listo para a pretempada
Por Diego Espiño |
-
Adestrar fóra da cidade, problema engadido para o Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
O comezo das obras en Príncipe Felipe obriga ao Pontevedra a peregrinar pola provincia
Por Diego Espiño |
-
Problemas para o Pontevedra ante as inminentes obras en Príncipe Felipe
Por Diego Espiño |