Monte Porreiro prepárase para a segunda edición da súa carreira pedestre
Por Diego Espiño
O próximo domingo, día 13 de abril, o barrio de Monte Porreiro acollerá a segunda edición da súa carreira pedestre Gran Premio UNED, segunda cita tamén no calendario do Circuíto de Carreiras Populares de Pontevedra (CCCP).
A proba terá saída e chegada no Mirador para percorrer case 8.000 metros en dúas voltas a un mesmo circuíto.
Dende as 11:10 horas da mañá poderán competir as cateogrías inferiores, dende os chupete ata os xuvenís, quedando para as 12:00 a carreira sénior.
Dende a organización, a cargo da Sociedad Gimnástica, espérase a presenza de máis de 300 atletas, superando a cifra do pasado ano, cunha inscrición que se pecha este martes e que xa conta con máis de 250 atletas confirmados.
Entre as novidades da presente edición estará os maiores servizos para os participantes, como o de gardarroupa na sede da UNED e duchas no colexio Marcos da Portela.
Ademais a asociación de veciños do barrio ofrecerá chocolate e rosca os asistentes ao finalizar a carreira.
Ademais da competición individual, por segundo ano poderase participar en categoría de parellas e os clubs poderán seguir puntuando para a categoría de equipos dentro do CCCP.