Oitavo posto para Sergio Míguez na Valenciaga para aproximarse ao liderado da Copa de España
Por Redacción
A falta de tres probas para a conclusión da Copa de España Elite e Sub-23 de ciclismo en ruta, o corredor do Froiz Sergio Míguez segue mantendo as súas opcións ao triunfo final despois de protagonizar unha boa actuación no Memorial Valenciaga.
En Eibar o ciclista do conxunto alimenticio finalizou en oitavo lugar, a 36 segundos do gañador, Cristian Cañada (Mutua Levante), con Cristóbal Sánchez, tamén do Froiz, en sexto lugar.
Este posto, unido ao décimo quinto lugar do líder Unai Intziarte (427 puntos), fan que Míguez (394) ademais de consolidarse no segundo posto se achegue á cabeza da clasificación, da que o separan agora 33 puntos.
Pola súa banda Cristóbal Sánchez situouse na sétima praza (322 puntos) co Grupo Deportivo Supermercados Froiz manténdose no décimo lugar na clasificación por equipos.
A próxima parada da Copa de España terá que esperar o 27 de abril, cando se afronte a sexta proba puntuable, o Ridley-Memorial Pascual Momparler na localidade valenciana de Villanueva de Castellón.
Relacionadas:
-
Sergio Míguez quédase a un punto do liderado na Copa de España Elite e Sub-23
Por Redacción |
-
As aspiracións do Froiz na Copa de España, a proba en Valencia
Por Redacción |
-
Sergio Míguez ascende o segundo posto na xeral da Copa de España
Por Redacción |
-
Sergio Míguez, do Súper Froiz, sitúase terceiro na xeral da Copa España
Por Redacción |