As aspiracións do Froiz na Copa de España, a proba en Valencia
Por Redacción
O Grupo Deportivo Supermercados Froiz afronta este domingo o Memorial Pascual Momparler, que se celebra na localidade valenciana de Villanueva de Castellón, coa ilusión de seguir aspirando á Copa de España Elite e Sub-23, un dos principais obxectivos da tempada.
Con Sergio Míguez segundo a 33 puntos do liderado e Cristóbal Sánchez sétimo, a escadra alimenticia afronta a primeira das tres carreiras que faltan para o final da competición.
O Memorial Pascual Momparler disputarase nun percorrido de de 169,2 quilómetros correspondentes ás nove voltas previstas a un circuíto de 19,7 quilómetros.
Unha das maiores dificultades da carreira serán os case 36 quilómetros con tramo de 'pavés', que poñerán a proba a resistencia dos ciclistas.
Roberto Mediero, Samuel Rodríguez Gil, Samuel Blanco, Javier Pérez e Gonzalo Serrano completan o equipo do Froiz para esta proba da Copa de España.
O conxunto dirixido por Evaristo Portela tamén estará presente este fin de semana na Clásica de Pascua que se celebra en Padrón.