Sétimo posto para o Waterpolo Galaico no Campionato de España de Terceira División
Por Redacción
Bo papel do Waterpolo Galaico no Campionato de España de Waterpolo Masculino de 3ª División celebrado na localidade vasca de Irún.
As sensacións positivas dos de Javi de Sáa non se viron sen embargo reflectidas nunha mellor clasificación, finalizando no sétimo lugar dos oito equipos participantes no que era ademais a fase de ascenso a 2ª División.
O Galaico comezou a fase de grupos xunto ao Askartza B, o CDNBidasoa XXI e o CN Tres Cantos B, ao cabo o equipo que logrou o ascenso de categoría.
No primeiro encontro os pontevedreses caeron por un axustado 11-10 ante o Askartza despois dun choque moi igualado.
A competición para os lerezanos continuou ante o equipo anfitrión, o CDN Bidasoa. Cun grande ambiente nas bancadas o Galaico logrou impoñerse (10-11) grazas a un gran último cuarto, no que lograron remontar unha diferenza de tres goles no electrónico.
Para finalizar a primeira fase os pupilos de Javi de Sáa se enfretaron ao poderoso Tres Cantos, con quen caeron de xeito claro (17-7).
Xa na fase final os pontevedreses se cruzaron co CN Coruña, realizando un frouxo partido que rematou con derrota (7-8), mentres no choque que despedía a competición o Galaico venceu á Colmenar Viejo (10-11).
O Club Waterpolo Galaico Pontevedra estivo representado neste campionato por: Pablo Seoane, Roberto Acuña, Aarón Tellería, Rubén Martínez, Miguel Montojo, Juanjo Vázquez, Ángel Villafranca, Andrés Villaverde, Raúl Touriño, Guillermo Atienza, Bran Touriño e Pablo Teijeira.
Relacionadas:
-
O segundo partido da final galega entre Galaico e Coruña, suspendido por un puñazo ao porteiro local
Por Redacción |
-
Irún, próximo destino do Waterpolo Galaico para disputar a fase de ascenso á Segunda División Nacional
Por Redacción |
-
Derrota do Waterpolo Galaico no primeiro asalto da final polo título galego
Por Redacción |