Os socios non pasarán pola billeteira no partido ante o Portugalete
Por Redacción
O Pontevedra Club de Fútbol deu a coñecer o prezo das entradas do primeiro partido da fase de ascenso, o que lle enfrontará ao Portugalete o próximo domingo (18:00 horas) no Estadio Municipal de Pasarón.
O Consello de Administración granate fixou en 15 euros a entrada para a bancada de Tribuna, 12 euros para Preferencia e 8 nos fondos.
Os menores de 14 anos poderán entrar de balde o estadio
Por outro lado os menores de 14 anos poderán entrar de balde presentando o seu DNI na porta do estadio, mentres os socios tampouco terán que pasar pola billeteira para premiar a súa fidelidade ao longo da tempada.
Para facilitar a adquisición instalarase un punto de venda anticipada na praza da Ferrería durante a mañá do sábado, de 11:00 a 14:00 horas.
Ademais poderanse adquirir os billetes nas oficinas do club o xoves de 9:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:30 horas e o venres só en horario de mañá, e tamén nas billeteiras de Pasarón durante o venres de 17:00 a 21:00, sábado de 11:00 a 14:00 horas e o domingo, día do partido, dende as 16:00 horas da tarde.