A Gimnástica afronta en Alcobendas a primeira xornada da División de Honra de Atletismo
Por Redacción
O equipo masculino da Sociedad Gimnástica afronta este sábado, 17 de maio, a súa estrea no Campionato de España de Clubs de División de Honra 2014, na que supón a oitava tempada consecutiva do club lerezano na máxima categoría do atletismo nacional.
Alcobendas será escenario do primeiro encontro, no que a Gimnástica se verá as caras con Marathon de Madrid, Tenerife CajaCanarias e Universidad de Oviedo.
Os pontevedreses afrontan a competición co claro obxectivo de lograr un ano máis a permanencia e coa intención de facelo pola vía rápida, entrando no grupo dos oito mellores equipos que disputarán a final polo título.
Para iso a dirección técnica do club continuou coa renovación do equipo, que este ano conta con novas caras como José Lombao e Falu Sour en xavelina, Javier Guzmán en disco e peso ou en medio fondo con David Martínez e Víctor Riobó, que volveu ao equipo nove anos despois.
Por outro lado Lysvanys Pérez e Manuel Molinos deberán achegar uns valiosos puntos en altura.
Zakaría Bourihou (3.000 obstáculos), Alejandro Otón (400 valos), Juan José Del Río (400 lisos), Alfonso Pérez (400 lisos), Ángel Vargas (400 lisos) ou Darío Costas nas probas de velocidade serán outras as bazas do bloque pontevedrés.
Tampouco se pode esquecer os atletas que competiron nos últimos sete anos en División de Honra. De todos eles, Víctor Gallego e David Rocha son os únicos que non se perderon ningún encontro na máxima categoría.
Relacionadas:
-
A Gimnástica, ante o complicado reto de asegurar en Valencia a permanencia na División de Honra
Por Redacción |
-
A Gimnástica mentalízase para remontar tras a primeira xornada de División de Honra
Por Redacción |
-
Catro medallas para atletas da Gimnástica no Campionato de España Universitario
Por Redacción |