Tres minutos abondan ao Poio FS para dobregar (1-4) á AE Vallirana
Por Redacción
Non tivo rival o Poio FS que se impuxo a domicilio á AE Vallirana, último da categoría e cunha soa vitoria no seu haber, nun partido marcado pola grave lesión sufrida da xogadora local Carlins, que aos cinco minutos de partido marchaba afectada dunha posible lesión no xeonllo.
As de Marcio Santos deixaron practicamente resolto o partido en tan só tres minutos, con dous goles nada máis comezar o partido que non deixaban opción á sorpresa por parte do conxunto catalán. Ceci e Kiko poñían o 0-2 no marcador, e permitían ao Poio FS xogar con tranquilidade, dominando o choque sen maiores problemas.
Coa lousa dos dous goles, ademais da lesión de Carlins, a AE Vallirana botouse atrás para evitar unha goleada, optando por esperar en cancha propia cunha dobre liña defensiva. O Poio FS dominaba pero non aproveitaba as súas ocasións para aumentar a renda, ata que na segunda parte Ceci anotaba o terceiro.
María recortaba distancias, pero sempre sen inquietar ao equipo "rojillo", que pechaba a conta e o partido cun gol de Peke.
AE VALLIRANA (1): Judith; Nere, Cani, Carlins, María -cinco inicial-, Dei e Xeni.
POIO FS (4): Carmen; Charo, Ceci, Kiko, Elena -cinco inicial-, Paloma, Yoly, Peke e Silvia.
Árbitros: Santos Barceló e Galí Pallejá (Cataluña). Sen amoestacións.
Goles: (0-1) Minuto 2: Ceci. (0-2) Minuto 3: Kiko. (0-3) Minuto 24: Ceci. (1-3) Minuto 26: María. (1-4) Minuto 37: Peke.
Incidencias: Pavillón Municipal da Palma (Santa Colomba de Cervelló). Algo menos de 100 espectadores.