O Poio FS despídese da súa afección recibindo o FSF Rioja na penúltima xornada
Por Redacción
ÿltimo partido na casa da tempada para o Poio Fútbol Sala, no ano da súa estrea na Primeira División Feminina.
As vermellas reciben na Seca este sábado (18:30 horas) ao FSF Rioja cos deberes feitos e nunha cómoda novena posición con 37 puntos, co que o interese radica en despedirse da súa afección do mellor xeito posible.
O conxunto rioxano, que conta nas súas filas con xogadoras importantes como as internacionais Bea Martín e Eva Ortego ou a xaponesa Shiori Nakajima, tampouco se xoga nada ao encontrase no sexto lugar con 45 puntos.
A convocatoria de Marcio Santos para esta cita, correspondente á penúltima xornada da competición, é a composta por: Carmen, Silvia, Charo, Elena, Kiko, Claudia, Ceci, Paloma, Yoly, Peke, Tania e Nerea Moldes.