José Luís Mariño, novo campión galego de fondo en estrada en categoría Elite
Por Redacción
Debido á coincidencia coa última proba da Copa de España en Torredonjimeno, o Grupo Deportivo Supermercados Froiz só desprazou a dous ciclistas ao Campionato Galego celebrado este sábado en Baiona.
Aser Estévez e José Luís Mariño representaron á escuadra dirixida por Evaristo Portela cun resultado positivo, pois o segundo deles impúxose na proba de fondo en estrada en categoría Elite.
O conxunto alimenticio deixou a iniciativa a outros equipos e na segunda escapada do día, de 13 corredores, logrou colocar a Mariño.
Nos últimos quilómetros escapáronse dous ciclistas sub-23, impoñéndose o corredor do Caixa Rural Daniel López, mentres por detrás José Luís Mariño lograba ser o primeiro Elite en cruzar a liña de meta