Segundo posto para Roberto Mediero na primeira etapa da Volta a Castelló
Por Redacción
O triunfo na primeira etapa da Volta a Castelló escapóuselle ao Grupo Deportivo Supermercados Froiz no último instante, despois de ser protagonista durante toda a xornada.
A escuadra alimenticia pola contra situouse nunha posición vantaxosa para loitar polo triunfo final grazas ao segundo posto de Roberto Mediero na meta de Benicassim.
Mediero coouse na escapada boa do día xunto a outros dous compañeiros, Gonzalo Serrano e Antonio Portela, que se encargaron de manter a fuga con vida.
O ciclista do Froiz logrou tamén entrar no corte final de catro corredores, que loitaron pola vitoria final nun sprint no que se impuxo ÿscar Hernández (Gsport) cun segundo de vantaxe sobre Roberto Mediero e dous sobre Arnau Solé e Héctor Sáez, do Caja Rural.
Serrano e Portela chegaron a 42 segundos mentres o pelotón, coa maioría de favoritos, entrou a 1 minuto e 10 segundos, renda que deberán recuperar nas dúas etapas que restan de Volta.