O Villalonga toma vantaxe na eliminatoria ante o Silva tras empatar a domicilio (2-2)
Por Redacción
As eliminacións de Cerceda e Boiro no play-off de ascenso a Segunda B complicaron as cousas para os terceiros clasificados de Rexional Preferente na súa eliminatoria directa para definir a clasificación final.
A pesares de que as opcións se reduciron, o Villalonga se agarra a estas posibilidades con uñas e dentes e no primeiro partido da eliminatoria logrou un valioso empate na casa do Silva (2-2).
Os celestes tiveron que remontar un 2-0 en contra despois de que os locais se adiantasen no primeiro período por medio de Marcos Suárez e encarrilasen o choque ao inicio do segundo acto co gol de Chiqui.
Os de Julián Ferreiro non botaron a toalla e aproveitaron o baixón final dos coruñeses para nivelar o marcador, primeiro por medio de Cuqui e a dez minutos do final cun tanto de Caamaño.
Agora o Villalonga deberá rematar a faena en San Pedro e esperar que Pontevedra e Somozas ascendan á súa vez a Segunda B, pois un só ascenso só beneficiaría ao Cultural Areas, que se mantería en Terceira.
SILVA SD (2): Yáñez, César, Miguel, Chiqui, David, Miguel, Marcos Gómez, Rey (Ban Ban, min.77), Uzal (Bruno, min.61), Naya (Kata, min.70), Marcos Suárez.
VILLALONGA FC (2): Lloves, Alberto, Adrián, Gabi, Cristóbal (Cuqui, min.46) (Giao, min.64), Arias, Manu, Machu, Caamaño (Héctor, min.90), Saúl, Antonio.
Árbitro: Fernández Rodríguez (Ourense). Amoestou a Uzal, Marcos Gómez e David nos locais e Manu nos visitantes.
Goles: 1-0 Marcos Suárez, min.20; 2-0 Chiqui, min.49; 2-1 Cuqui, min.57; 2-2 Caamaño, min.80.
Incidencias: Partido disputado no campo coruñés da Grela.