Un gol no desconto deixa sen posibilidade de ascenso o Villalonga
Por Redacción
Un gol no minuto 92 de Xaco para o Silva rematou de golpe coas opcións de ascenso a Terceira División do Villalonga.
Ata entón os celestes facían valer o empate a dous da ida para gañar a promoción de terceiros clasificados da Rexional Preferente, cun partido no que tiraron de control á espera de que unha opción lles permitise sentenciar.
Esa ocasión non chegou e si o fixo o tanto visitante no último minuto, sen tempo de reacción, para enterrar ao Villalonga e deixalo un ano máis en Preferente.
Agora o Silva, como vencedor da eliminatoria, poderá subir a Terceira se Somozas e Pontevedra logran ascender a Segunda B.
VILLALONGA FC (0): Lloves, Adrián, Cristóbal, Leo, Arias, Alberto, Manu, Machu, Caamaño, Antonio, Saúl (Giao, min.86).
SILVA (1): Yáñez, David (Naya, min.70), Miguel, Miguel (Ban Ban, min.70) César, Chiqui (Popi, min.78), Uzal, Carlos, Cata (Xaco, min.65), Marcos, Marcos Suárez.
Árbitro: Ventoso Noal (Santiago). Amoestou a Giao, Leo e Saúl nos locais e a Miguel e Xaco nos visitantes.
Gol: 0-1 Xaco, min.92.
Incidencias: Partido disputado no campo de San Pedro, Vilalonga.