Fran Fandiño e Pedro Crespo, a unha tarxeta da suspensión
Por Diego Espiño
Alarma amarela no Pontevedra Club de Fútbol. Dous dos seus futbolistas habituais no tramo final da tempórada, Fran Fandiño e Pedro Crespo, encóntranse a só unha amoestación da suspensión, polo que unha tarxeta no encontro do próximo domingo provocaría que se perdesen o choque definitivo polo ascenso en Puertollano.
No caso de Fandiño a preocupación é maior, pois trátase dun os futbolistas máis en forma do plantel adestrado por Manu Fernández, con tres goles nos catro partidos disputados do play-off.
A pesar de que todos os xogadores comezaron na fase de ascenso un novo ciclo de tarxetas, Fran viu dúas amarelas por celebrar un gol coa bancada ante o Granadilla e por desprazar un balón tras unha falta na volta en Canarias.
Pola súa banda Crespo, que non viaxou a Tenerife por arrastrar molestias físicas, evoluciona favorablemente e todo apunta a que estará a disposición do técnico esta fin de semana, aínda que se encontra en capela tras as amoestacións recibidas nos dous partidos ante o Portugalete.
No capítulo de baixas, os granates contarán coa ausencia de Yago Vázquez, tras a súa expulsión en Granadilla, e de Caco e Luismi, que seguen adestrando a menor ritmo que os seus compañeiros, pero salvo contratempo o resto do equipo estará a disposición do adestrador para o importante partido de ida ante o Puertollano.
No bando contrario, o equipo manchego presentarase en Pasarón coas baixas, habituais nas últimas citas, de David Parra, Álvaro Huertas e o porteiro Alberto Montáñez, ademais da do goleador Rubén Moreno, operado o pasado luns dunha rotura do ligamento cruzado do seu xeonllo.
Sen embargo non todo serán malas noticias para Pablo Franco, adestrador do Puertollano, pois recuperará ao lateral Verdú tras cumprir un partido de sanción contra o Náxara.
CONCENTRACIÿN DAS PEÿAS NA PRAZA DA VERDURA
A Asociación de Peñas do Pontevedra Club de Fútbol decidiu recuperar as tradicionais reunións pre-partido na Praza da Verdura.
Desta forma a agrupación anima a todos os siareiros que o desexen acudan á céntrica praza dende as 16:00 horas do domingo, onde a tapería Os Carballos servirá dous barrís de cervexa gratis a todos os que se acheguen vestidos cunha camisola do equipo granate.
As peñas teñen previsto ademais dirixirse ás 18:15 horas da tarde cara ao Estadio Municipal de Pasarón para recibir os futbolistas.