A Lomba vibra coa primeira xornada dunha Arousa F7 de luxo
Por Aitana Vidal
A décimo novena edición da Arousa F7 Alevín arrancou este venres no estadio da Lomba, en Vilagarcía, cun cartel de auténtico luxo e un ambiente acorde co evento.
Un total de 20 equipos loitarán ata o domingo por facerse co título, entre os que se encontran canteiras referentes do fútbol mundial como a Barcelona, Real Madrid, Inter de Milán, Porto, Benfica ou Juventus.
Xunto a eles outros dos convidados e catro equipos procedentes da fase previa: Racing de Ferrol, Areosa, Luis Calvo Sanz e Lanzarote.
Os grupos de competición quedaron encadrados do seguinte xeito:
- Grupo A: Real Madrid, FC Porto, FC Dallas, Deportivo, Lanzarote.
- Grupo B: Valencia, Benfica, Atheltic Club, Mallorca, Racing de Ferrol.
- Grupo C: Barcelona, Juventus, Genk, Celta, Calvo Sanz.
- Grupo D: Atlético de Madrid, Inter de Milán, Málaga, Lugo, Areosa.