Pedro Merino, cun bronce, dálle ao Froiz a súa terceira medalla no Campionato de España
Por Redacción
Gran final para o Grupo Deportivo Supermercados Froiz no Campionato de España de Ciclismo celebrado estes días en Ponferrada.
Tras os ouros de Antonio de Segovia e González Brea nas contra o reloxos Elite e sub-23 respectivamente, Pedro Merino meteuse no podio na proba Elite de fondo en estrada.
O ciclista alimenticio colgouse o bronce nunha carreira disputada conxuntamente cos corredores profesionais.
O vencedor absoluto foi o deportista do Movistar Ion Izaguirre, que chegou acompañado por Alejandro Valverde e seguido dun grupo de 20 corredores onde só encontrábase un corredor Elite, Cristian Cañada (Mutua Levante), conseguindo o ouro da categoría.
A 30 segundos entrou en meta Aritz Bagues (Gipuzkoa) e a 2:23 un Pedro Merino que conseguía así a medalla de bronce.
A carreira desenvolveuse en grupo, co dominio do Movistar, ata o quilómetros 170 na que se realizou unha selección de 40 corredores, entre os que se encontraban Merino e De Segovia en representación do Froiz.
De Segovia pagou o esforzo da crono e non puido aguantar o ritmo, algo que si fixo o seu compañeiro de equipo, aínda que un momento de despiste o apartou do corte definitivo.
Con todo o balance do Froiz no Campionato de España é francamente positivo, como recoñeceu o director da formación Evaristo Portela: "Debemos estar moi satisfeitos porque ademais das medallas o equipo estivo perfecto. Deu a cara en todo momento".