Ricardo Amerigo, reforzo de Asobal para a portaría do Teucro
Por Diego Espiño
Segunda fichaxe para a portaría da Sociedade Deportiva Teucro. Tras a chegada de Iago Gómez a entidade azul confirmou este martes que chegou a un acordo con Ricardo Amerigo, gardameta procedente do Vila de Aranda.
Amerigo apenas gozou de minutos na última tempada, pero conta cunha ampla experiencia en Asobal tras o seu paso polo equipo burgalés, onde estivo tres ano, e o Keymare Almería.
O novo porteiro teucrista chega á cidade de Lérez para facer esquecer ao arxentino Juan Bar, titular as últimas tempadas.
Ricardo Amerigo é almeriense, ten 28 anos, mide 1,88 metros e pesa 95 quilos.
Segundo informa o Teucro o xogador asina por un ano e non será presentado ata a primeira semana de agosto, cando se incopore aos adestramentos do equipo.
Tras esta fichaxe só falta por chegar un pivote que cubra a marcha de Tomás Moreira, dentro dos plans iniciais desvelados no seu momento polo adestrador azul Quique Domínguez.
Relacionadas:
-
Gonzalo Carró, pivote escollido pola SD Teucro para cubrir a baixa de Tomás Moreira
Por Redacción |
-
Iago Gómez, porteiro recén chegado ao Teucro: "Veño coa ilusión de pelexar para ter minutos"
Por Diego Espiño |
-
Edu Moledo, presentado como novo xogador do Teucro: "Espero pelear por llegar a la fase de ascenso"
Por Diego Espiño |