Catorce atletas da Gimnástica competirán esta fin de semana no Campionato de España de atletismo
Por Redacción
Catorce atletas da Sociedad Gimnástica clasificáronse para o Campionato de España Absoluto que se disputa esta fin de semana en Alcobendas. Nunca antes tantos atletas coa camiseta branca e a franxa azul estiveron xuntos nun Nacional, un gran logro para a veterana entidade pontevedresa.
Na cidade madrileña estarán David Alejandro nos 100 metros, Alberto Salcedo en 200 metros e Eduardo Gallardo en 400 metros, mentres que en 800 metros haberá dous atletas, Sergio García e Eduardo Suárez. Ademais, David Martínez competirá en 1.500 metros e Marc Tur e Eva Iglesias farano nos 10 quilómetros marcha masculino e feminino respectivamente.
A Gimnástica completará a súa participación con Víctor Gallego no lanzamento de disco, Manuel Molinos no salto de altura, Julián Ortiz nos 110 metros valos, Ignacio Sarmiento nos 400 metros valos e o relevo 4 x 400 que formarán Alfonso Pérez e os antes citados Suárez, Sarmiento e Gallardo.
Dende o club pontevedrés asegura que hai "serias posibilidades" de repetir as dúas medallas do ano pasado. Entenden que Ignacio Sarmiento é firme candidato a repetir a prata de 2013 e entre Alberto Salcedo, cuarto hai un ano e Marc Tur, coa terceira mellor marca dos participantes; poden os dous, ou un deles, subir ao podio.
En menor medida, o club considera que pode dar a badalada, Julián Ortiz, que foi medalla de bronce no campionato baixo teito do pasado inverno; Eduardo Suárez, que tamén fixo un gran campionato de pista cuberta, sendo cuarto nos 800 metros ou Víctor Gallego que nesta semana previa ao Nacional ten lanzando o disco por enriba dos 56 metros, o que o sitúa cuarto do ranking español.
Relacionadas:
-
Ignacio Sarmiento e Alberto Salcedo, dúas medallas de bronce para a Gimnástica no Nacional de Alcobendas
Por Alejandro Espiño |
-
O atleta marinense Alfonso Pérez proclámase campión de España xuvenil nos 400 metros lisos
Por Redacción |
-
Brillante actuación de Ignacio Sarmiento, Marc Tur e Emilio Martín no Nacional de Federacións Autonómicas
Por Redacción |