O Pontevedra repite vitoria no Trofeo Vila de Marín ao impoñerse a Marín (2-0) e Coruxo (1-0)
Por Redacción
Nin Marín nin Coruxo. O Pontevedra non tivo problemas para adxudicarse por segundo ano consecutivo o Trofeo Vila de Marín. O club granate volveu deixar grandes sensacións nesta pretempada, especialmente ante un rival de superior categoría como é o Coruxo de Rafa Sáez. Dous goles de Benja serviron para que os de Manu Fernández derrotasen aos anfitrions, mentres que para superar aos vigueses só fixo falta o tanto de Tubo.
Debutaba o Pontevedra neste triangular ante o Marín. Demostrou que aínda ten moito por traballar, pero deu mostra de bo xogo e toques de calidade. Dende o primeiro minuto foron a polo partido cun conxunto local que sufría moito para neutralizar os ataques granates. No minuto 10, un penalti marcado por Benja abría o marcador. Será o propio dianteiro de Nigrán o que colocara o 2-0 no minuto 34.
No segundo partido, o Marín quería agradar á súa afección. En fronte, un equipo de Segunda B como o Coruxo. E aínda que os vigueses dispuxeron de perigosas oportunidades durante o partido, especialmente a balón parado, finalmente o gol chegou para os locais. Foi no minuto 45, a punto de rematar o partido. Tras unha falta rexeitada polo Coruxo, Jorge Álvarez enganchaba un forte disparo dende fóra da área que supoñía o 1-0.
Con este resultado, ao Pontevedra valíalle un empate contra o Coruxo no partido definitivo. Cun equipo completamente diferente ao do encontro co Marín, os granates lograron resistir un tímido intento dos de Rafa Sáez por lavar a imaxe do encontro anterior. Pero o maior acerto dos granates decantou a balanza. No minuto 25, Tubo materializaba o triunfo pontevedrés tras golpear un balón que acababa de estrelarse no poste.
De novo a balón parado chegaron as mellores ocasións do Coruxo, sobre todo das botas de Cristóbal, que chegou a tirar ao pau na recta final do partido.
O Pontevedra lograba así o seu segundo triunfo consecutivo neste torneo, despois do conseguido o ano pasado ante Marín e Choco. O trofeo, disputado nun Campo de San Pedro que tivo unha moi boa entrada, xogouse a tres partidos de 45 minutos cada un.
MARÍN (0): José Soto, José Couceiro, Alexandre Iglesias, Helder Plate, Adrián Cimadevila, Rodiño, Manuel López, Daniel López, Diego Villaverde, Agustín Doce y Carlos Díaz.
PONTEVEDRA (2): Lloves, Adrián, Emilio, Agus, Abraham, Tomás, Kevín, Jacobo, Iago, Anxo y Benja. También jugó Bryan.
Goles: (0-1) Minuto 10: Benja, de penalti. (0-2) Minuto 34: Benja.
MARÍN (1): José Soto, Borja Castro, José Blanco, Luis Carlos Díaz, José Arceu, Helder Plate, Joaquín Rodiño, Jorge Álvarez, Agustín Doce, Diego Villaverde y Daniel López.
CORUXO (0): Fernando, Ángel, Salinas, Luciano, Cifuentes, Brais, Maxi, Pardavila, Cuba, Iago y Ben.
Goles: (1-0) Minuto 45: Jorge Álvarez.
PONTEVEDRA (1): Edu, Adrián, Pablo, Campillo, David Feito, Tubo, Mouriño, Centrón, Jorge, Fran y Jacobo.
CORUXO (0); Brais, Salinas, Alberto García, Jonathan Antúnez, Mateo, Alejandro Fernández, Aitor Aspas, Pazó, Moscardo, Pardavila y Cristóbal. También jugaron Ángel y Ben.
Goles: (1-0) Minuto 25: Tubo.